Hai un principio case en nebulosa, raramente 
arbitrario. Traspasa a historia, local e estraña, 
e a xeografía, historias de persoas 
e experiencias sucesivas, as cousas novas  
entrevistas, música,  literatura, os éxitos 
e os fracasos, impresións, cheiros e ruídos, 
encontros ocasionais. Unha película 
a velocidade acelerada suspendida aquí e alí, 
en nítidos cadradiños.
Unha gran viaxe en espiral sen principio nin fin, 
na que se entra case o acaso.
Tren asaltado en movemento.
É preciso parar e ser oportuno na parada.
Agora entra a razón, cos seus límites 
e a súa eficacia.
Tal vez retomar a viaxe?

verlibros
ARQUITECTURA BLOG AUTOR VIDEO

Álvaro Siza
conversas no
obradoiro
PRENSA Álvaro Siza Vieira (Matosinhos, 
Porto, 1933) é un dos arquitectos portugueses de maior prestixio 
internacional. É autor de numerosos 
proxectos, entre eles o restaurante 
Boa Nova en Leça da Palmeira, 
o barrio de vivendas populares 
da Quinta da Malagueira en Évora, 
o Museo Serralves do Porto 
ou a igrexa de Marco de Canaveses. 
Na Galiza proxectou o Centro 
Galego de Arte Contemporánea e 
a Facultade de Ciencias da 
Información, en Santiago de 
Compostela.  
En 1992 recibiu o Premio Pritzker da 
Fundación Hyatt de Chicago. 
No ano 2002, recibiu o Premio 
Internacional Compostela da 
Xunta da Galiza.
 
 
 
Proxectar
 
Álvaro Siza
“Tren asaltado en movemento”
Optimizado para 
QuikTime Player